Eleccións ao Parlamento galego: 1981-2016. Conclusións

Tras por en conxunto todo o documentado polos distintos grupos de traballo, podemos ver varias características que se repetiron ao longo de todas as eleccións autonómicas celebradas en Galicia.

A primeira é a reiteración da mentalidade conservadora do rural e de gran parte da poboación urbana galega, que os partidos de dereitas (AP, PP) sempre acadaran uns bos resultados débese a tradición e a costume.
Esta costume ven dada do nacionalismo galego, sempre moi vencellado ás ideoloxías conservadoras e apoiado polos partidos de dereitas, sobre todo nas eleccións previas a 2001.

En 1989 e 1993, tras a conversión da Alianza Popular no Partido Popular, sucedéronse gobernos de dereitas, a pesar de que a partir do 2001 o nacionalismo semella ‘desaparecer’ do discurso electoral, e posteriormente que Manuel Fraga deixe a presidencia do partido en 2005 afectou ao seu partido. O PP foi sempre dos partidos máis votados de todas as eleccións e nunca obtivo un mal resultado.

Tamén podemos observar outra característica que leva as dereitas a ser sempre o bando ‘vencedor‘; a esquerda galega está moi fraccionada e, a pesar de obter sempre uns resultados aceptables, repártense entre dous grandes partidos: PSdG e BNG. A partir de 1993 e hasta 2005 mantiveron unha dura loita por ser o partido que representaba a esquerda en Galiza. Poucos partidos lograron desbancar ao PP do goberno, pero o PSdG e o BNG lograron por algúns candidatos na presidencia, como foi Emilio Pérez Touriño (PsdG).

A partir do 2009, o PP volve a presidencia da xunta, con Alberto Núñez Feijoó a cabeza. O seu partido gañou con 38 escanos, mentres que o PsdG e o BNG entre os dous sumaban 37 (25 e 12, respectivamente). A división das esquerdas só facía máis difícil que un goberno goberno de esquerdas chegara a bo porto.

Finalmente, en 2012, xa no contexto da crise económica na que nos atopamos aínda hoxe, o marco político foi alterado de xeito que houbo outra escisión máis nas esquerdas; O BNG perdeu parte dos seus militantes, o PsdG tamén e formouse un novo partido político acompañando ao movemento social que se orixinou no 15M. A pesar da crise, o PP en Galiza afianzouse, pasando de 38 a 41 votos, mentres que as esquerdas pasaban a ter 18 o PsdG, 9 A-Nova (o novo partido político) e 7 o BNG.

En 2016, as cousas non cambiaron, o PP mantivo os 41 escanos, os únicos votos que se moveron foron entre os partidos de esquerdas, a sorpresa foi que EU-A nova-Podemos Galiza pasou a ser o segundo partido máis votado en Galicia con 14 escanos.

Así, concluímos que, a mentalidade conservadora e tradicional do rural, o reparto de escanos por provincia e concello e a segregada esquerda, favorece ao continuo goberno do PP no parlamento galego. Os seus votantes son os máis fieis, e ante o voto nulo e a abstención que poden sufrir algúns partidos, o PP en Galiza afiánzase como a forza política máis representativa do pobo galego ao longo dos anos.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Política. Guarda el enlace permanente.

Una respuesta a Eleccións ao Parlamento galego: 1981-2016. Conclusións

  1. profa dijo:

    Ben. Por fin unhas conclusións globais.

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s